Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

“Feira” en Fene esta noite da man do último traballo de De Ninghures

Neste grupo, que chegaba á quincena de persoas, atopáronse os sete integrantes de De Ninghures, un grupo que está a revolucionar o panorama musical galego e que esta noite deleitará aos feneses cun concerto na praza do Alcalde Ramón Souto a partir das 21.30 horas.Cos composteláns Ulex acompañando, os músicos veñen a presentar o seu último traballo, “Feira”, una proposta que é, explican, “un proxecto que xa está madurado”, e que despois de levar máis dunha decena de concertos, aseguran que “vai ser unha diversión absoluta”.FusiónsDesta forma, Manuel Fernández, Manuel Lucas, Tomé Mouriño, Adrián Méndez, Marta Álvarez, Aldara Palmeiro e Hadrián García, –gañadores do premio aRi[t]mar pola mellor canción en galego en 2023 por “Morena”– levarán ao espazo fenés unha música que “parte dun lugar moi fondo, a tradición, o de aquí” pero coa que conseguen chegar “estilos moito máis actuais, como poden ser o reggaeton, o rock, e unha morea de cousas mais”.

A Foliada da Fonsagrada, cita ine­ludible nunha gran cantidade de axendas, reuniu por pura casualidade a un grupo de persoas que tiñan claro que as bandas sonoras das noites, tamén dos días, son para bailalas, tocalas e gozalas. Neste grupo, que chegaba á quincena de persoas, atopáronse os sete integrantes de De Ninghures, un grupo que está a revolucionar o panorama musical galego e que esta noite deleitará aos feneses cun concerto na praza do Alcalde Ramón Souto a partir das 21.30 horas.

Cos composteláns Ulex acompañando, os músicos veñen a presentar o seu último traballo, “Feira”, una proposta que é, explican, “un proxecto que xa está madurado”, e que despois de levar máis dunha decena de concertos, aseguran que “vai ser unha diversión absoluta”.

Fusións

Desta forma, Manuel Fernández, Manuel Lucas, Tomé Mouriño, Adrián Méndez, Marta Álvarez, Aldara Palmeiro e Hadrián García, –gañadores do premio aRi[t]mar pola mellor canción en galego en 2023 por “Morena”– levarán ao espazo fenés unha música que “parte dun lugar moi fondo, a tradición, o de aquí” pero coa que conseguen chegar “estilos moito máis actuais, como poden ser o reggaeton, o rock, e unha morea de cousas mais”. “Temos gañas de que xente poida escoitar música en galego”, sentencia o grupo, e, sen dúbida, cun fin moi claro: “que a gozen”.

A “profesionalización” da banda comezou no 2022. Neste punto foi onde comezaron a coñecer de primeira man cuestións como os arranxos, a composición propia ou as gravacións nun estudio. Sen embargo, a pesar de que esta data é recente, algúns deles xa partían dunha traxectoria neste mundo, principalmente con outras agrupacións. “Comezamos na música máis tradicional, na que empezan case todos os artistas, pero chegamos a un punto no que pensamos que era boa idea probar coas fusións”, explican, e nese momento veu a luz un segundo traballo “no que xa tiñamos unha idea do que queríamos cambiar”, indican.

Sabían que necesitaban, cales eran os puntos claves para “chegar a lugares onde a xente puidese estar mas atenta”, coa achega a ritmos máis modernos. Malia todo, a música de raíz segue presente, xa que “a tradición é colectiva, sempre ten que estar porque é parte da identidade”, aseguran.

Agora so queda que o público se deixe namorar.