Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Matrículas abertas nas Escolas de Idiomas para o novo alumnado

Trátase dun proceso a realizar despois da preinscrición, dirixido aos novos alumnos, e que permanecerá activo até o luns 21 ás 23.59 horas.As persoas que non foron alumnas da entidade no pasado curso 2024-2025 ou que presentaron renuncia poden comprobar na aplicación se están admitidos para esta nova tempada.

A Escola Oficial de Idiomas, coas súas tres sedes desta área territorial situadas nos concellos de Ferrol, As Pontes e Cedeira, vén de abrir o prazo de matrícula para os cursos ordinarios e de destrezas orais, estes últimos coa particularidade de non incluír exames. Trátase dun proceso a realizar despois da preinscrición, dirixido aos novos alumnos, e que permanecerá activo até o luns 21 ás 23.59 horas.

As persoas que non foron alumnas da entidade no pasado curso 2024-2025 ou que presentaron renuncia poden comprobar na aplicación se están admitidos para esta nova tempada. Ao día seguinte de saír a adxudicación xa se abriu o período de matrícula, un trámite necesario para aceptar a praza e quedar completamente inscrito.

Sen exames

A EOI de Ferrol ofrece cursos de destrezas en distintos idiomas, con clases de dúas horas, unha ou dúas veces por semana e para distintos niveis. Existen dúas contías dispoñibles, dependendo da elección da modalidade de 30 ou 60 horas en total. Os interesados poden apuntarse de xeito telemático na páxina web.