Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Monfero

El ideal gallego

Os tres mozos de Monfero que viaxan ata o Parlamento Europeo coa defensa do rural por bandeira

Eva Mazás Arnoso

Iso é o que define a Alejandra Souto, Nuno González e Alexandre Doutón, os tres estudantes do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, en Monfero, que no mes de setembro partirán até Bruxelas para, diante do Parlamento Europeo, por en valor a importancia do seu mundo, no que medraron, e no que esperan poder vivir nun futuro.A pesar da corta idade, este grupo é crítico coa situación que sofren todos aqueles que teñen claro que o seu lugar non está nas grandes cidades, conscientes de que neste eido non teñen todas as posibilidades que ofrece unha urbe.