
Artes, cultura e gastronomía dan voz ás múltiples formas de resistencia palestina nunha cita en Ferrol
Algúns exemplos poden ser o teatro, a “dabke” (danza tradicional palestina) ou o “handala” (outro símbolo do pobo que se materializa en pinturas e graffitis), así como a través de distintos trazos da cultura, como pode ser a “kufiya”, unha prenda histórica popular da que se divulgará o seu significado, ou o “tatreez”, unha técnica de bordado.De seguido, dende a 13.00, propoñerase participar nun obradoiro de “dabke” que non so servirá para que todo interesado coñeza o baile, senón tamén para continuar organizando actos simbólicos, como o que ofreceu o colectivo por distintos puntos da cidade, tamén en xuño, facendo soar bombas no marco dunha representación escénica.